Ir al contenido principal

O Colexio de Podólogos desaconsella as chanclas para camiñar polo choque continuo ou “chancleteo” co talón que provoca a aparición de durezas



A mala calidade de algunhas, feitas con materiais ríxidos e sintéticos, pode causar bochas, rozaduras ou mesmo chagas
Borja Pérez, presidente:

“Os nenos deben usar un modelo de chanclas cunha sola máis grosa e con algo de suxeición no talón”

O verán xa está aquí, e coas altas temperaturas comeza unha época delicada para os pés. O calzado nada ten que ver co que se usa no inverno e os pés sofren as consecuencias. Preocupado pola aparición de rozaduras, bochas, exceso de sudoración, sequedad, fungos ou verrugas plantares, o Colexio de Podólogos de Galicia aconsella visitar a un podólogo para que realice unha exploración e poida pór en marcha o tratamento máis adecuado para evitar que a doenza se agrave.

Algunhas persoas se despreocupan dos seus pés e cometen o erro de comprar zapatos que poden pór en perigo a súa saúde podológica. É o caso das chanclas de materiais ríxidos e sintéticos –goma ou plástico–, baratas e de mala calidade que poden causar, polo rozamento directo, lesións na pel. O Colexio de Podólogos de Galicia alerta aos pais sobre este tipo de calzado co que moitos nenos camiñan durante as vacacións de verán. “Con estas chanclas os pés dos nenos non poden transpirar e poden sufrir rozaduras e bochas, ou mesmo chagas na pel” –manifesta o presidente do Colexio, Borja Pérez–.

No caso dos nenos, o Colexio destaca que o uso de chanclas pode ocasionar unha alteración na marcha, que consiste en que o pé debe facer un movemento para “reter” a chancla no período de apoio, sendo este movemento pouco natural e que podería resultar problemático para un pé en desenvolvemento. “Os nenos deben usar un modelo de chanclas cunha sola máis grosa e con algo de suxeición no talón que permita unha maior velocidade da marcha, reducir as forzas de impacto e achegar maior comodidade no porte” –destaca o presidente–.

Para os adultos, os podólogos sinalan que as chanclas non son un calzado anatómico para usar a diario e camiñar con el, xa que a súa función é a de calzar para ir á praia ou á piscina e protexer os pés dos fungos. Ao ser planas e ter unha sola con menos amortiguación, os podólogos explican que as chanclas poden provocar bochas e rozaduras, sobrecargas na planta –metatarsalxias ou talalxias–, e sobre todo fascitis plantar e dedos martelo. Aseguran que a falta de sujeción pode provocar resbalones e escordaduras de nocello. “Nunhas horas producen molestias en nocellos e xeonllos polo impacto que reciben ao camiñar e tendinite no tendón de aquiles por exceso de tensión” –indica Borja Pérez–.

Pero a lesión máis habitual son as durezas. Os podólogos consideran que o abuso das chanclas provoca a aparición de durezas que se forman por un micro traumantismo continuo, o “chancleteo” que ocasiona a chancla ao chocar co talón. “Cando estamos co pé apoiado, a chancla contacta con toda a nosa planta do pé, pero ao iniciar o paso a chancla queda no chan mentres o noso pé empeza a impulsarse. Cando facemos o despegamento do pé, a chancla precipítase co noso talón, chocando na parte final do impulso. Aínda que este choque é minúsculo, se camiñamos longas distancias ou temos as chanclas postas todo o día debemos sumar miles de micro choques, que son os que ocasionarán a dureza no talón” –explica Borja Pérez–.

Ademais, os podólogos galegos lembran que para bañarse no mar hai calzado específico, unhas zapatillas de goma moi axustadas ao pé que evitan as lesións plantares producidas por ourizos de mar, peixes rabuña, fanecas ou outros animais e obxectos que están nas beiras das praias. Son as coñecidas como cangrexeiras ou fanequeiras.


FONTE: www.copoga.com

Entradas populares de este blog

O Colexio de Podólogos de Galicia recomenda vixiar a saúde dos pés durante o embarazo

O aumento de volume e peso orixinan un aplanamento do arco do pé, o que causa problemas de apoio e as súas consecuentes dores lumbares Blend Images - Peathegee Inc/Getty Images Borja Pérez, presidente:  “ Usar un calzado adecuado, cunha boa sola que amorteza a pisada, realizar un estudo biomecánico e usar soletas personalizadas proporcionaralles ás embarazadas maior comodidade no apoio” O embarazo é unha experiencia vital para moitas mulleres, pero neste período de xestación prodúcense unha serie de modificacións a nivel fisiolóxico que repercutan nos seus pés, tanto no seu funcionamento como na forma de camiñar. O Colexio de Podólogos de Galicia explica que o aumento de volume abdominal e de peso, sumado a outros factores fisiolóxicos típicos do embarazo como a liberación de substancias tipo elastina que favorecen a apertura da canle do parto, orixinan un desprazamento do centro de gravidade que desencadea nun aumento progresivo da curvatura lumbar, provocando un cam...

Coidado dos pés en verán.

 Os podólogos recomendan revisar atentamente os pés no verán para evitar rozaduras, bochas, sudación, sequidade e a aparición de fungos.   O pé de atleta e as verrugas son as infeccións máis  frecuentes causadas polo contaxio en piscinas e duchas  públicas.   O Colexio de Podólogos de Galicia advirte de que a  tempada estival trae consigo unha serie de complicacións  para os pés. Se non se lles presta a atención que se  merecen, pódense sufrir rozaduras, bochas, exceso de    sudación ou sequidade e diversos tipos de infeccións.   As altas temperaturas favorecen que se use un calzado    aberto, sen calcetíns nin medias, que habitualmente    provocan no pé pequenas feridas causadas polo rozamento   da pel ou bochas que xeran un líquido baixo a epiderme.    Para tratar unha rozadura, os podólogos aconsellan desinfectala e cubrila cun apósito mentres que a bocha debe deixarse cur...

Podólogos avisan de que trabajar con zuecos puede ser malo para la salud

Valencia, 24 abr (EFE).- El Colegio de Podólogos de la Comunidad Valenciana (ICOPCV) ha advertido hoy de que el uso de zuecos en el ámbito laboral puede ser perjudicial para la salud de los pies, con riesgos como sufrir esguinces en el tobillo, dedos en garra, hiperqueratosis o dolor de espalda. En un comunicado, el ICOPCV señala que el personal sanitario debería abandonar el uso del clásico zueco por un calzado laboral más adecuado: cerrado, ligero, de puntera ancha, con contrafuerte, con cierre con cordones o velcro, tacón ancho, de 3,5 centímetros de máxima altura, de pieles que no dejen penetrar los líquidos que permitan la transpiración y con suela antideslizante y antiestática. Advierte de que como el zueco es un calzado inestable, por carecer de una sujeción adecuada, puede ser causa de esguinces de tobillo, dolor de espalda, provocar rozaduras en el empeine por la altura de la pala, al ser abierto por detrás predispone a la aparición de lesiones digitales como los dedos...