Ir al contenido principal

O Colexio de Podólogos de Galicia recomenda vixiar a saúde dos pés durante o embarazo

O aumento de volume e peso orixinan un aplanamento do arco do pé, o que causa problemas de apoio e as súas consecuentes dores lumbares


Pregnant Woman Walking
Blend Images - Peathegee Inc/Getty Images
Borja Pérez, presidente: Usar un calzado adecuado, cunha boa sola que amorteza a pisada, realizar un estudo biomecánico e usar soletas personalizadas proporcionaralles ás embarazadas maior comodidade no apoio”
O embarazo é unha experiencia vital para moitas mulleres, pero neste período de xestación prodúcense unha serie de modificacións a nivel fisiolóxico que repercutan nos seus pés, tanto no seu funcionamento como na forma de camiñar.
O Colexio de Podólogos de Galicia explica que o aumento de volume abdominal e de peso, sumado a outros factores fisiolóxicos típicos do embarazo como a liberación de substancias tipo elastina que favorecen a apertura da canle do parto, orixinan un desprazamento do centro de gravidade que desencadea nun aumento progresivo da curvatura lumbar, provocando un cambio importante na marcha ao sobrecargar a musculatura dos membros inferiores. En concreto, os profesionais destacan que se reduce a velocidade e se incrementa a base de sustentación ou a separación dos pés. “Os pés sofren un aplanamento no seu arco o que pode causar problemas de apoio coas súas consecuentes molestias na columna, con dores de costas e lumbalxias” –explica o presidente do Colexio de Podólogos de Galicia, Borja Pérez–.
A prevención e o tratamento do afundimento do arco ao camiñar fanse con soletas, que proporcionarán á paciente un mellor soporte e axuda para a correcta distribución dos apoios plantares. O presidente destaca que normalmente no posparto moitas mulleres normalizan o estado dos seus pés, aínda que outras pacientes poden sufrir a posteriori algunha molestia. “Usar un calzado adecuado, cunha boa sola que amorteza a pisada, realizar un estudo biomecánico e usar soletas personalizadas proporcionaralles ás embarazadas maior comodidade no apoio” –sinala–.
Tamén manifesta o colexio que son moi comúns as cambras na cara posterior das pernas e coxas debidos ao cansazo e ás alteracións circulatorias. E outro dos problemas frecuentes nos pés das embarazadas é o edema, unha inflamación de pés e nocellos. “O útero exerce presión nos vasos sanguíneos da cadeira producindo unha diminución da velocidade da circulación de retorno, xeralmente maniféstase nos últimos meses de embarazo” –apunta o presidente–.
Revisión dos pés durante o embarazo
O Colexio de Podólogos de Galicia precisa que é importante que todas as mulleres embarazadas teñan coñecemento sobre a saúde dos seus pés para poder previr molestias. Para iso, recomenda que ao longo do embarazo acudan a un podólogo para someterse a unha revisión, coa finalidade de previr alteracións e conseguir que os pés volvan ao seu estado normal tras o parto. As principais recomendacións dos profesionais son:
  • É importante controlar o peso e que se atope dentro dos límites establecidos.
  • Para activar a circulación e baixar o inchazo é recomendable moverse e non estar moito tempo sentada e hidratar os pés a diario.
  • Masaxear os pés e realizar baños de contraste frío-calor especialmente ao terminar o día.
  • Evitar unha exposición continuada á calor. Manter a temperatura corporal fresca será de grande axuda para evitar o inchazo dos pés.
  • Estar preferiblemente nunha postura coas pernas elevadas. Recoméndase non sentar coas pernas ou nocellos cruzados.
  • Evitar presións como podería ser a roupa axustada. Pódense utilizar medias especiais ou de descanso.
  • É recomendable beber moita auga. Isto fará que o corpo reteña menos líquidos. O aconsellable é beber polo menos 2 litros de auga ao día.
  • Levar unha dieta equilibrada, con comidas lixeiras e baixas en graxas. Así mesmo, débese reducir a cantidade de sal nas comidas

FONTE: www.copoga.com

Entradas populares de este blog

Podólogos avisan de que trabajar con zuecos puede ser malo para la salud

Valencia, 24 abr (EFE).- El Colegio de Podólogos de la Comunidad Valenciana (ICOPCV) ha advertido hoy de que el uso de zuecos en el ámbito laboral puede ser perjudicial para la salud de los pies, con riesgos como sufrir esguinces en el tobillo, dedos en garra, hiperqueratosis o dolor de espalda. En un comunicado, el ICOPCV señala que el personal sanitario debería abandonar el uso del clásico zueco por un calzado laboral más adecuado: cerrado, ligero, de puntera ancha, con contrafuerte, con cierre con cordones o velcro, tacón ancho, de 3,5 centímetros de máxima altura, de pieles que no dejen penetrar los líquidos que permitan la transpiración y con suela antideslizante y antiestática. Advierte de que como el zueco es un calzado inestable, por carecer de una sujeción adecuada, puede ser causa de esguinces de tobillo, dolor de espalda, provocar rozaduras en el empeine por la altura de la pala, al ser abierto por detrás predispone a la aparición de lesiones digitales como los dedos...

Coidado dos pés en verán.

 Os podólogos recomendan revisar atentamente os pés no verán para evitar rozaduras, bochas, sudación, sequidade e a aparición de fungos.   O pé de atleta e as verrugas son as infeccións máis  frecuentes causadas polo contaxio en piscinas e duchas  públicas.   O Colexio de Podólogos de Galicia advirte de que a  tempada estival trae consigo unha serie de complicacións  para os pés. Se non se lles presta a atención que se  merecen, pódense sufrir rozaduras, bochas, exceso de    sudación ou sequidade e diversos tipos de infeccións.   As altas temperaturas favorecen que se use un calzado    aberto, sen calcetíns nin medias, que habitualmente    provocan no pé pequenas feridas causadas polo rozamento   da pel ou bochas que xeran un líquido baixo a epiderme.    Para tratar unha rozadura, os podólogos aconsellan desinfectala e cubrila cun apósito mentres que a bocha debe deixarse cur...