Ir al contenido principal

Coidado dos pés en verán.

 Os podólogos recomendan revisar atentamente os pés no verán para evitar rozaduras, bochas, sudación, sequidade e a aparición de fungos.

  O pé de atleta e as verrugas son as infeccións máis  frecuentes causadas polo contaxio en piscinas e duchas  públicas.



  O Colexio de Podólogos de Galicia advirte de que a  tempada estival trae consigo unha serie de complicacións  para os pés. Se non se lles presta a atención que se  merecen, pódense sufrir rozaduras, bochas, exceso de    sudación ou sequidade e diversos tipos de infeccións.

  As altas temperaturas favorecen que se use un calzado    aberto, sen calcetíns nin medias, que habitualmente    provocan no pé pequenas feridas causadas polo rozamento   da pel ou bochas que xeran un líquido baixo a epiderme.    Para tratar unha rozadura, os podólogos aconsellan desinfectala e cubrila cun apósito mentres que a bocha debe deixarse curar ata que a pel despréndase por si mesma.

 A sudación pode provocar gretas interdixitais, aínda que pode controlarse con produtos antitranspirantes. Para iso, os podólogos galegos indican que é preciso aplicar un antiséptico que facilite o seu cicatrización e secar moi ben a pel entre os dedos despois da ducha, e aplicar pos de talco antes de calzarnos.

A patoloxía contraria sería a sequidade excesiva da pel. Maniféstase especialmente en forma de capa esbrancuxada sobre os talóns xerando durezas e asperezas. Pódese evitar aplicando con frecuencia crema hidratante, pero se o problema persiste ou empeora dando lugar a picor, descamacións ou mal cheiro hai que acudir a un podólogo.

Outro dos problemas habituais que chegan co verán son os fungos. Estas infeccións cutáneas tenden a aparecer coa sudación extrema e a humidade. O máis típico de todos é o que se denomina pé de atleta, que aparece nos dedos e provoca proído, unha pel arroibada, seca e escamada. Aínda que se trata con medicación específica, para previlo os especialistas aconsellan utilizar un calzado transpirable, calcetíns de fío ou algodón, non compartir toallas e secar coidadosamente os dedos dos pés. Ademais, tamén é moi frecuente o contaxio de papilomas, un virus que orixina verrugas plantares, xerados en lugares húmidos e quentes como piscinas, ximnasios ou saunas. Tanto para o pé de atleta como para o papiloma é moi recomendable usar chancletas ou zapatillas de goma en lugares públicos.

Con todo, os profesionais recomendan as visitas regulares ao podólogo para evitar este tipo de doenzas nos pés.

[FONTE: http://copoga.com/ ]

Entradas populares de este blog

O Colexio de Podólogos de Galicia recomenda vixiar a saúde dos pés durante o embarazo

O aumento de volume e peso orixinan un aplanamento do arco do pé, o que causa problemas de apoio e as súas consecuentes dores lumbares Blend Images - Peathegee Inc/Getty Images Borja Pérez, presidente:  “ Usar un calzado adecuado, cunha boa sola que amorteza a pisada, realizar un estudo biomecánico e usar soletas personalizadas proporcionaralles ás embarazadas maior comodidade no apoio” O embarazo é unha experiencia vital para moitas mulleres, pero neste período de xestación prodúcense unha serie de modificacións a nivel fisiolóxico que repercutan nos seus pés, tanto no seu funcionamento como na forma de camiñar. O Colexio de Podólogos de Galicia explica que o aumento de volume abdominal e de peso, sumado a outros factores fisiolóxicos típicos do embarazo como a liberación de substancias tipo elastina que favorecen a apertura da canle do parto, orixinan un desprazamento do centro de gravidade que desencadea nun aumento progresivo da curvatura lumbar, provocando un cam...

Podólogos avisan de que trabajar con zuecos puede ser malo para la salud

Valencia, 24 abr (EFE).- El Colegio de Podólogos de la Comunidad Valenciana (ICOPCV) ha advertido hoy de que el uso de zuecos en el ámbito laboral puede ser perjudicial para la salud de los pies, con riesgos como sufrir esguinces en el tobillo, dedos en garra, hiperqueratosis o dolor de espalda. En un comunicado, el ICOPCV señala que el personal sanitario debería abandonar el uso del clásico zueco por un calzado laboral más adecuado: cerrado, ligero, de puntera ancha, con contrafuerte, con cierre con cordones o velcro, tacón ancho, de 3,5 centímetros de máxima altura, de pieles que no dejen penetrar los líquidos que permitan la transpiración y con suela antideslizante y antiestática. Advierte de que como el zueco es un calzado inestable, por carecer de una sujeción adecuada, puede ser causa de esguinces de tobillo, dolor de espalda, provocar rozaduras en el empeine por la altura de la pala, al ser abierto por detrás predispone a la aparición de lesiones digitales como los dedos...