Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2016

O Colexio de Podólogos desaconsella as chanclas para camiñar polo choque continuo ou “chancleteo” co talón que provoca a aparición de durezas

A mala calidade de algunhas, feitas con materiais ríxidos e sintéticos, pode causar bochas, rozaduras ou mesmo chagas Borja Pérez, presidente: “Os nenos deben usar un modelo de chanclas cunha sola máis grosa e con algo de suxeición no talón” O verán xa está aquí, e coas altas temperaturas comeza unha época delicada para os pés. O calzado nada ten que ver co que se usa no inverno e os pés sofren as consecuencias. Preocupado pola aparición de rozaduras, bochas, exceso de sudoración, sequedad, fungos ou verrugas plantares, o Colexio de Podólogos de Galicia aconsella visitar a un podólogo para que realice unha exploración e poida pór en marcha o tratamento máis adecuado para evitar que a doenza se agrave. Algunhas persoas se despreocupan dos seus pés e cometen o erro de comprar zapatos que poden pór en perigo a súa saúde podológica. É o caso das chanclas de materiais ríxidos e sintéticos –goma ou plástico–, baratas e de mala calidade que poden causar, polo rozamento directo, lesións n