Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de julio, 2014

Coidado dos pés en verán.

 Os podólogos recomendan revisar atentamente os pés no verán para evitar rozaduras, bochas, sudación, sequidade e a aparición de fungos.   O pé de atleta e as verrugas son as infeccións máis  frecuentes causadas polo contaxio en piscinas e duchas  públicas.   O Colexio de Podólogos de Galicia advirte de que a  tempada estival trae consigo unha serie de complicacións  para os pés. Se non se lles presta a atención que se  merecen, pódense sufrir rozaduras, bochas, exceso de    sudación ou sequidade e diversos tipos de infeccións.   As altas temperaturas favorecen que se use un calzado    aberto, sen calcetíns nin medias, que habitualmente    provocan no pé pequenas feridas causadas polo rozamento   da pel ou bochas que xeran un líquido baixo a epiderme.    Para tratar unha rozadura, os podólogos aconsellan desinfectala e cubrila cun apósito mentres que a bocha debe deixarse curar ata que a pel despréndase por si mesma.  A sudación pode provocar gretas interdixi